Sete poetas compiten na final do Bóveda Slam Poetry este sábado
RibeiraSacraXa
A nova edición do Bóveda Slam Poetry, organizado pola asociación Kultur N’aldea, chega ao seu final este sábado 2 de decembro.
29 Nov 2023
A nova edición do Bóveda Slam Poetry, organizado pola asociación Kultur N’aldea, chega ao seu final este sábado 2 de decembro. A competición de poesía orixinal recitada comezará ás 19.00 horas na Casa da Escola de Ribas Pequenas, na Eirexa.
Despois de cinco encontros clasificatorios a golpe de verso en marzo, maio, xuño, setembro e outubro, nos que se foron clasificando o mellor e o segundo mellor de cada tempada, son sete os que chegan ao último encontro.
José Manuel Rodríguez, Roberto López, Andrea Micc, Noa Moreira, Yolanda Alcas, Iria Seoane e Galego de Caracas recitarán os seus poemas propios durante 3 minutos. O público será outro dos protagonistas, pois é o encargado de elixir o gañador.