Sete obras de teatro para público infantil, familiar e adulto en Monforte
O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2021.
No primeiro semestre deste ano, ofreceranse un total de sete representacións de compañías profesionais dirixidas tanto a público adulto como infantil e familiar, e representaranse entre os meses de febreiro e maio.
As obras destinadas a un público adulto comezarán ás 20.15 horas e dará comezo coa obra Libre como os paxaros de Teatro do Atlántico, o xoves 10 de xaneiro, continuará o 10 de marzo con A lúa vai encuberta da compañía Incendiaria, Cigarreiras da compañía Contraproducións será o xoves 24 de marzo. O 7 de abril representarase Tabú da compañía Tarabela Creativa, As que limpan da compañía A Panadería, o xoves 19 de maio.
A programación indicada para o público infantil e familiar terá como hora de comezo ás 18.00 horas. A primeira obra será a Saga de Flin Havardr, da compañía Trécola Monicreques, o xoves 31 de marzo, dentro do circuito Teatro Profesional, da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Continuará o 28 de abril coa obra Quixote, da compañía Pedras de Cartón.
Todas as representacións da rede de Teatros e Auditorios levaranse a cabo no Edificio Multiusos, ben ás 20:15 horas, as dirixidas a público adulto, ben ás 18:00 horas, as dirixidas a público infantil e familiar.
O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados. As entradas venderanse ata completar o aforo, seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.
O Alcalde, José Tomé Roca, “anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a desfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, e que o fagan coa seguridade de que se atoparán coas medidas necesarias para garantir a súa seguridade ante a Covid-19, tal e como viñemos facendo ó longo do pasado ano 2021”.