Sete deportistas do Club Neka clasifícanse para o Campionato de Europa Individual de Taekwondo

RibeiraSacraXa
Os deportistas do club monfortino acadaron excelentes resultados no Campionato de España celebrado esta fin de semana en San Vicent del Raspeig
club-neka-campeonato-taekwondo-monforte
Membros do Club Neka no Campionato de España de Taekwondo
24 Feb 2025

Sete deportistas do Club Neka de Monforte de Lemos clasificáronse esta fin de semana para o Campionato de Europa Individual de Taekwondo que se celebrará en Estonia, tras acadar uns excelentes resultados no Campionato de España en San Vicent del Raspeig, en Alacante, que tivo lugar esta fin de semana.

Na categoría individual, os deportistas do Club Neka obtiveron dúas pratas, unha para Alex Camba e outra para Laura Álvarez, e un bronce para Lucía Roca. En parejas, Laura Álvarez e Dani Árean obtiveron a primeira posición, ao igual que Lucía Roca e Aitor Teijeiro, que sumaron outro ouro na súa categoría. Pola súa conta, tamén en parellas, Carlos Rey e a súa compañeira de selección, Bárbara di Martino, lograron a medalla de bronce.

En canto aos tríos, o formado por Álex Camba, Marco García e Carlos Rey e o formado por Aitor Teijeiro xunto aos seus compañeiros de selección Hugo Arnoso e Mateo Fernández, lograron dúas medallas de ouro.

Este ano, o campionato incluíu por primeira vez a modalidade Dúo Inclusivo, na que participan deportistas con algún tipo de discapacidade que compiten en parella xunto con outro sen discapacidade. Os deportistas do club monfortino Carlos Rey e Paula Treus obtiveron nesta categoría a medalla de ouro.

⚙ Configurar cookies
0.64092588424683