Sete centros de ensino participarán este ano no XXXII Certame Municipal de Teatro de Monforte

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte de Lemos a través da súa Concellería de Cultura, contará coa estrea de 7 obras correspondentes aos Centros educativos da cidade que participan neste certame.
Deste xeito, no Certame representaranse 7 obras de teatro, do 6 ao 20 de maio de 2025, ambas datas incluídas. Todas as pezas escenificaranse ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, tal e como ven sendo habitual.
Os centros participantes nesta edición, son Colexio Ferroviario, o CEIP A Gándara, o CEIP de Monforte Colexio Novo, o IES A Pinguela, o IES Río Cabe, a ANPA do CEIP A Gándara, Colexio PP Escolapios.
A colaboración do Concello de Monforte co Certame duplícase nesta edición con respecto aos anos anteriores para incentivar á participación dos centros. De esta forma, o Concello colaborará cos centros educativos participantes, aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 200 euros por centro ou asociación, o dobre de aportación que en edicións anteriores, coa intención de incentivar ós centros a que continúen participando neste certame, que supón a posibilidade de ofertar unha actividade complementaria ás habituais dos curriculums educativos, altamente valorada pedagóxicamente, polos profesionais do ensino.
Os premios consistirán na gravación das obras representadas, que serán entregadas ós centros participantes nun lapis de memoria, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.
A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 26 de maio de 2025 ás 18.00 horas.