Sergio Alba ofrecerá un concerto acústico en Taboada

O artista Sergio Alba ofrecerá un concerto acústico o sábado 13 de decembro no Patio Scala de Taboada. Baixo o título "Tributo a Cantautores", o músico interpretará unha selección de cancións propias e doutras autoras e autores.
O espectáculo comezará ás 19:30 horas e xa está aberto o prazo para reservar mesa no local.