Sergio Alba levará a Sober o seu espectáculo de humor ‘Dous rombos... Pasa para a cama’

RibeiraSacraXa
Será o domingo, 21 de decembro, no Centro Sociocultural
sergio-alba-sober
4 Dec 2025

O próximo domingo 21 de decembro, ás 19 horas, o salón de actos do Centro Sociocultural de Sober acollerá o espectáculo ‘Dous rombos... Pasa para a cama’, unha proposta de humor a cargo de Sergio Alba que ten como eixo principal a nostalgia e a reflexión sobre o pasado.

O espectáculo convida ao público a recordar con humor aqueles tempos nos que as pantallas do televisor mostraban dous rombos para indicar que era hora de ir para a cama, unha época na que se pasou do branco e negro á cor, marcando unha nova forma de vivir e interpretar a realidade.

Sergio Alba propón un espectáculo que combina as risas coa recuperación das lembranzas da infancia e da mocidade, poñendo en valor o lado máis analóxico da vida nun contexto dominado pola rutina dixital.

⚙ Configurar cookies
0.077311992645264