Seguen os traballos do obradoiro de emprego 'Montañas do Courel'

RibeiraSacraXa
Os 16 participantes no obradoiro centran as súas actuacións na mellora de camiños e outros espazos públicos de Folgoso, Quiroga e Ribas de Sil
camino quiroga
2 Mar 2021

Os traballadores do obradoiro de emprego Montañas do Courel, seguen coa súa actividade, e estes días limparon de maleza o camiño de acceso á Toca desde a estrada de Campos de Vila, en Quiroga.

O obradoiro, que se iniciou en novembro do ano pasado, conta coa participación de 16 mozos e mozas menores de 30, que durante un ano están a recibir formación ao tempo que dispoñen dun contrato de traballo. O proxecto está promovido conxuntamente polos Concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade.

As actuacións que se están levando a cabo céntranse na mellora de camiños municipais e outros espazos públicos dos tres municipios.

0.20855903625488