Segredos de Pantón organiza unha nova ruta entre Cibrisqueiros e San Cosmede

RibeiraSacraXa
A andaina terá lugar o sábado, 23 de novembro
preguntoiro-panton
Xacemento do Preguntoiro
15 Nov 2024

Segredos de Pantón organiza o vindeiro sábado, 23 novembro, unha nova ruta que discorrerá entre as parroquias de Cibrisqueiros e San Cosmede.

Os participantes poderán coñecer o patrimonio e natureza deste lugar a través dunha andaina circular que parará no xacemento do Preguntoiro, así como noutros puntos de interese. Ademais, ao remate, poderán visitar o templo románico de San Vicenzo de Pombeiro, todo un símbolo e institución destas terras.

A andaina é de dificultade baixa e percorrerá un total de 8 quilómetros, con saída e chegada no lugar de Cibrisqueiros.

0.19238901138306