Segredos de Pantón organiza un roteiro pola parroquia de Deade

RibeiraSacraXa
A cita terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo e será unha oportunidade para coñecer a historia, o patrimonio e as curiosidades deste lugar
segredos-de-panton-ruta-dade
3 Jul 2025

Segredos de Pantón organiza un roteiro pola parroquia de Deade o vindeiro sábado 12 de xullo. A actividade, titulada ‘No Deade dos séculos XIX-XIX’, será unha oportunidade para descubrir a historia deste lugar a través dun pequeno roteiro interpretativo pola parroquia.

A actividade dará comezo ás 10:00 horas e será de balde, aínda que conta con 30 prazas dispoñibles que requiren reserva previa a través dos teléfonos 673 221 241 (Manuel González) ou 662 669 223 (Lucas Vázquez), ou por correo electrónico, a través da dirección segredosdepanton@gmail.com.

Durante o roteiro, tras unha profunda investigación bibliográfica, farase un repaso á vida na parroquia e o seu entorno, compartindo numerosas historias e curiosidades. Ademais, visitarase patrimonio relevante da zona, destacando especialmente a igrexa de San Vicente de Deade.

⚙ Configurar cookies
0.19569110870361