Segredos de Pantón organiza o vindeiro 16 de agosto unha actividade para coñecer as telleiras da zona

Segredos de Pantón organiza o vindeiro sábado 16 de agosto ás 10:00 horas a actividade “Coñecendo as telleiras de Pantón”, destinada a achegar aos participantes ao patrimonio industrial da zona, en particular ás tradicionais telleiras.
Durante a xornada, os participantes visitarán a telleira do Baliño, situada en Santa María de Ferreira, e a telleira da Bastida, en Mañente, esta última considerada unha das máis antigas conservadas na contorna. O punto de encontro será diante do velorio do Castro de Ferreira, na telleira do Baliño, desde onde se desprazarán en coches particulares ata a Bastida.
A actividade é gratuíta, e as persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico segredosdepanton@gmail.com, chamando ao teléfono 662 669 223 (Lucas Vázquez) ou mediante Instagram e Facebook.