Segredos de Pantón organiza o I Foro Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Será o 26 de abril co obxectivo de analizar a situación actual e o encaixe do modelo turístico nunha potencial declaración de Patrimonio da Humanidade
Vendima-Ribeira-Sacra
15 Apr 2025

Segredos de Pantón organiza o vindeiro 26 de abril de 2025 o I Foro Ribeira Sacra, que teráa lugar no Rectoral de Castillón. No encontro, diferentes expertos tratarán de analizar a situación actual e o encaixe do modelo turístico nunha potencial declaración de Patrimonio da Humanidade.

A Voz da Comunidade Local estará representada polo sector vitivinícola, para o que contarase con voces expertas nas materias de análise para o debate nas palestras que terán lugar en horario matutino. Haberá liberdade expositiva e participación ampla e crítica, desde unha visión construtiva, de cara a establecer e corrixir eivas que se detecten na xestión cultural e turística do territorio.

A xornada rematará cunha visita guiada ao Ecouseo de Arxeriz, ás 17.00 horas, e unha cata no faiado de Avadía da Cova ás 18.30 horas.

⚙ Configurar cookies
0.18272995948792