Segredos de Pantón inaugurou os decorados de Nadal no Cotillón
									RibeiraSacraXa								
			A iniciativa foi posta en marcha en colaboración coa Asociación de Veciños de Acedre
 					
					
Decorados de Nadal no Cotillón
			
			9 Dec 2024
			
				A Asociación Cultural Segredos de Pantón e a Asociación de Veciños de Acedre inauguraron este domingo, 8 de decembro, a decoración de Nadal do Cotillón, en Pantón.
As decoracións neste lugar da parroquia de Acedre están, na súa maioría, feitas a man con materiais reciclados, “tentando deste xeito amosar un ano máis que se pode facer un Nadal cheo de cor sendo respectuosos co medio ambiente”, explican os organizadores. A decoración estará instalada ata despois de Reis.
