Segredos de Pantón inaugurou a mostra 'Elas na memoria' durante o Son da Aldea

A asociación cultural Segredos de Pantón inaugurou a exposición 'Elas na memoria durante a III edición do festival O Son da Aldea.
A exposición é unha recompilación de relatos de mulleres pantonesas que destacan a importancia das mulleres "do noso día a día e para a nosa sociedade e así dar a coñecer vivencias e historias que pasan moitas veces desapercibidas", explican desde a asociación.
Desta maneira, están agora en contacto co Concello para que a súa vindeira parada sexa o edificio sociocultural.