Sara Casanova presentará o filme 'Amor Viaxeiro' este domingo en Quiroga

RibeiraSacraXa
A curtametraxe 'Amor Viaxeiro' vai ser presentada este domingo, 27 de agosto no salón de actos da Casa de Cultura de Quiroga ás 12.
Amor Viaxeiro Quiroga
25 Ago 2023

A curtametraxe 'Amor Viaxeiro' vai ser presentada este domingo, 27 de agosto no salón de actos da Casa de Cultura de Quiroga ás 12.00 horas da man do equipo directivo da cinta, no que está unha quiroguesa, Sara Casanova.

Sara, directora de Arte, participou da elaboración do filme xunto a seis compañeiros do ciclo superior de Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos da Deputación de Lugo, que presentaron o proxecto ao I Concurso Cómo dirías que es España sin decirlo, convocado por Neflix e Turespaña.

Amor viaxeiro conta a historia de Eugenia (que é a avoa de Sara), unha anciá que comeza a ter problemas de memoria, aínda que cando a súa neta atopa unhas vellas fotografías da súa mocidade parece recuperar a lucidez. Como terapia, a rapaza decide percorrer os destinos das fotografías replicándoas para estimular os recordos da súa avoa.

Parte das gravacións leváronse a cabo en lugares do municipio de Quiroga, como a fervenza de Vieiros, nunha curtamrtraxe que contou coa axuda e colaboración económica do Concello de Quiroga.

Amor Viaxeiro Quiroga
0.16761612892151