Santiago de Arriba de Chantada acolle o tradicional Entroido Ribeirao

RibeiraSacraXa
Este domingo celébrase o día grande do Entroido Ribeirao en Santiago de Arriba, en Chantada, unha festa popular que antes se estendía por diferentes aldeas próximas ao río dos municipios de Chantada e do Saviñao, pero que agora se concentra na parroquia de Santiago de Arriba.
10 Feb 2024

Así, as persoas que se acheguen este domingo á parroquia chantadesa poderán ver aos volantes vestidos de diferentes cores e coas tapadas con caretas de cartón ou sombreiros con cintas de cores. Ademais, tampouco faltarán os maragatos e peliqueiros vestidos con roupas vellas e pel de animal e cintos de coiro.

O Entroido comezará a partir das 16.00 horas e desde a organización deste evento animan a todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa "con moitas ganas de troula e desfrutar do Entroido, porque vos aseguramos que nós así o estamos e queremos desfrutalo con todos vós".

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19702696800232