Santa Eulalia de Tuiriz celebra as súas festas en honor á Virxe do Carme

RibeiraSacraXa
Desde este venres ata o luns, esta parroquia de Pantón encherase de música, gastronomía e tradición
festas-santa-eulalia-d-tuiriz
18 Jul 2025

A parroquia de Santa Eulalia de Tuiriz, no concello de Pantón, acollerá do 19 ao 21 de xullo as tradicionais festas en honor á Virxe do Carme, cun programa variado que combina actos relixiosos, gastronomía popular e música para todos os públicos.

A celebración comezará o sábado 19 cunha pancetada popular a partir das 21:00 horas no campo da festa, amenizada polo DJ Brais González.

O domingo 20 abrirá con misa solemne e procesión ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú a cargo dunha banda de música. Pola tarde, desde as 18:00 horas, haberá xogos populares para nenos e adultos, como tiro de corda ou carreiras de sacos, ovos e pés atados. A xornada pecharase cunha verbena a cargo da orquestra Costa Dorada, a partir das 21:30 horas.

O luns 21, día de peche, repetirase o esquema: misa e procesión ás 13:00 horas e sesión vermú co Dúo Paradaisse. Á noite, desde as 21:30 horas, actuarán de novo o dúo xunto a Tania Veiras e Los Cumbiapop.

⚙ Configurar cookies
0.1294059753418