Sanidade reabre a hostalaría e inicia unha desescalada en fases

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Sanidade inicia o vernes un proceso de desescalada coa reapertura da hostalaría, os peches perimetrais e do comercio as fins de semana.
hostalaria
22 Feb 2021

Debido á mellora dos datos clínicos de Galicia, Sanidade comezará este venres un proceso de desescalada que implicará o comezo da apertura da hostalaría e dos centros comerciais así como de ximnasios e a eliminación dos peches perimetrais nalgúns concellos, que será graduada en función da incidencia da covid. Isto implica un novo proceso de desescalada no que se establecen tres niveis e que terán diferentes normas.

Así, no máximo nivel de alerta permanecerá polo momento 17 concellos de Galicia, 3 na provincia de Lugo, que son Guitiriz, o Corgo e A Pontenova. Neles a hostalaría permanecerá pechada, non se permitirán as reunións entre non convivintes e se manterá o peche perimetral.

No segundo nivel de alerta estarán os concellos con incidencia entre 250 e 500 casos. Permítese a reunión de ata non convivintes, a hostalaría abrirá coas terrazas ata o 50% e as barras pechadas e co horario limitado ás 18,00 horas. Así mesmo haberá mobilidade entre concellos coa mesma incidencia.

Os concellos mellor situados, con incidencia menos de 250, e que representan o 54% da poboación, estarán no terceiro nivel. A área sanitaria de Lugo, incluída a capital, está xa neste nivel e implica que se permitan as reunións de ata 4 convivintes, a apertura da hostalaría cun aforo interior do 30% e do 50% en terrazas coas barras pechadas. A hora de peche seguirá sendo as 18.00 horas. Tamén se permite a mobilidade e reabren ximnasios e piscinas ademais da práctica deportiva con reunión de ata 4 persoas que non convivan.

0.10487794876099