Sanidade permite ampliar o horario da hostalaría ata as 21 horas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
hostalaria
17 Mar 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe unha serie de cambios acordados polo comité de expertos que asesora á Xunta na loita contra o coronavirus. Unha das primeiras medidas é que quedan prohibidas as reunións de non conviventes en domicilios privados a partir do mesmo venres, co que na ponte de San José non haberá encontros familiares fóra dos convivintes.

A outra gran novidade é unha ampliación do horario da hostalería. Os locais pasan de ter que pechar ás 18.00 horas a poder facelo ás 21.00 horas na maior parte dos concellos galegos, todos salvo os que se atopan no nivel máximo de risco. É dicir, en todos salvo en Vilardevós, Paradela e Maside.

Ademais, o toque de queda mantén o horario, ás 22.00 horas e as reunións permanecen limitadas a seis persoas no exterior e a catro no interior.

Estas medidas activaranse ás 00.00 horas deste venres, e serán revisadas o luns ou martes da Semana Santa, antes dos festivos, para actuar en relación coa incidencia do virus nese momento.

HOSTALARÍA

O presidente anunciou que se fixan catro niveles de incidencia e nos que a hostalaría está abera o horario queda ampliado ata as 21.00 horas.

Nos concellos de máximo risco, entre os que está Paradela, no haberá variacións coa hostalería pechada, sen reunións de non conviventes en ningún ámbito e sen mobilidade. Son os que superan os 500 casos por cen mil habitantes nos últimos catorce días. Quedan pechados perimetralmente.

O nivel medio , os que teñen incidencia Incidencia de entre 250 e 500, a hostalería só poderá abrir en terrazas, ata o 50% do aforo. Con horario ampliado ata as 21 horas. Son seis concellos.

Establécese un novo nivel, o terceiro, para 14 municipios, que teñen unha incidencia de 150 a 250 casos. Mantense aforo do 30% no interior da hostalería e do 50% no exterior. Poderán abrir ata as 21.00 horas. Hai 14 concellos implicados, entre eles están Guitiriz, Chantada, Sober e Pantón.

No nivel mínimo, con incidencia inferior a 150 casos, amplíase o aforo en interior do 30 ao 50% e no exterior pasa do 50 ao 76% e o horario amplíase ata as 21.00 horas.

Tamén se amplían aforos noutros ámbitos, como nas instalacións deportivas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.080286979675293