San Fiz acolle a última charla organizada polo PSOE de Chantada para informar sobre os novos parques eólicos
RibeiraSacraXa
O PSOE de Chantada organiza na ecola de San Fiz a última das charlas informativas sobre os novos parques eólicos e liñas de alta tensión que afectan parroquias do Concello.
30 sep 2023
O PSOE de Chantada organiza na ecola de San Fiz a última das charlas informativas sobre os novos parques eólicos e liñas de alta tensión que afectan parroquias do Concello.
En colaboración coa Asociación VentoNoso, organizaron catro actos informativos dirixidos os veciños e veciñas das parroquias afectadas polo paso de liñas de alta tensión vencelladas a parques eólicos. Concretamente, esta nova liña vai dende Monte Cabeza II a Belesar.
O obxectivo destas sesións informativas é facilitar os afectados e afectadas toda a información dispoñible para que poidan valorar o impacto que nas súas vidas e propiedades poden ter as liñas de alta tensión e actuar en consecuencia chegado o momento.