San Cristovo de Mouricios será o escenario dunha actividade de observación astronómica
RibeiraSacraXa
San Cristovo de Mouricios será o escenario dunha actividade de observación astronómica este venres en Chantada
15 Xuño 2023
O espazo 'Os Casares' da Galería Vilaseco Laboratorio Creativo de San Cristovo de Mouricios, en Chantada, acolle unha observación astronómica o vindeiro 16 de xuño ás 22.30 horas.
Nesta actividade, as persoas que se inscriban, que poden ser de todas as idades, irán andando desde este espazo durante 10 minutos ata o prado, onde terá lugar a observación.
Desde a entidade defenden que “San Cristovo de Mouricios é un lugar perfecto para a observación astronómica pola falta de contaminación lumínica e o espazo aberto”.
Así, durante a actividade, as persoas interesadas nas estrelas e constelacións, aprenderán nocións básicas para orientarse no ceo nocturno da man de afeccionados e profesionais do Grupo Astronómico Ío.