Salvador Pallares, veciño de Bóveda, logra o título de campión galego de Colombicultura

RibeiraSacraXa
Con tan só 15 anos, leva desde neno practicando esta modalidade deportiva que lle levou a gañar o Campionato Galego de 2025
salvador-pallares-boveda
12 Mar 2026

Salvador Pallares Soria, veciño do concello de Bóveda, gaña o Campionato Galego de Colombicultura do ano 2025, converténdose, con tan só 15 anos, en campión de Galicia e participando no Campionato de España de Palomos Deportivos Copa S.M. Este sábado compite de novo en Beade, Ourense, nun dos eventos clasificatorios para volver representar a Galicia de novo na fase estatal.

Salvador leva desde neno practicando esta modalidade deportiva, unha afección que herdou do seu avó e do seu pai. O seu talento o levou a participar, xa dende ben pequeno, en probas xuvenís e de adultos, e xa ten comprometida a súa participación nun campamento para mozos en Almería. Na actualidade conta con máis de 130 pombas na súa vivenda de Mazaira, no Concello de Bóveda, que viven "moi ben coidadas" e coas que viaxa ás competicións. Ademais, a súa familia impulsou 'Deseo Rubián', unha sociedade deportiva coa que reivindicar este deporte

A colombicultura compítese en varias probas e gaña o pombo que máis tempo estea voando coas pombas, e teñen unha duración de arredor de dúas horas nas que os participantes poden chegar a facer ata 30 km acompañando ás súas pezas.

Tras estes logros, Salvador foi recibido no Concello de Bóveda polo alcalde, José Manuel Arias, quen lle fixo entrega dun agasallo personalizado e desexoulle moita
sorte nas súas vindeiras competicións

0.11759400367737