Salcedo celebrará a súa Semana Cultural a partir deste xoves con diversas actividades ata o vindeiro mércores
Este xoves comeza a Semana Cultural da parroquia de Salcedo da Pobra do Brollón da man do proxecto Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea, xunto coa Asociación de Veciños de Salcedo e o Concello A Pobra Do Brollón.
Así, este xoves comezan as actividades coa barberencia sobre brindos ás 20.30 horas na Cantina de Julia e da man de Ramón Pinheiro, Kike Estévez e Pablo Bernárdez.
Xa o venres 25, a partir das 20.30 horas presentarase as datacións das terrazas das Laceiras en Cantos de Cantinas, mentres que a nova campaña arqueolóxica de Penas do Castelo tamén será presentara, neste caso ás 22.30 horas.
Con respecto á fin de semana, o sábado 26 terá lugar un obradoiro infantil ás 12.00 horas da man de Lúa González e Alba Losada que virá seguido dun xantar común organizado pola asociación veciñal de Salcedo.
Pola súa parte, o luns 28 celebrarase unha andaina de paxaros e natureza con Nacho Munila a partir das 20.30 horas, o martes 29 será a quenda do partido de fútbol veciñal e, por último, o mércores 30 terá lugar a foliada co grupo Ninghures.