Sae a licitación a obra que mellorará a accesibilidade da estación de tren de Monforte

RibeiraSacraXa
Licítase a obra que mellorará a accesibilidade da Estación de tren de Monforte, despois de ser publicada no Boletín Oficial del Estado polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible do Goberno de España, a través do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF).
Estacion tren Monforte
29 Dec 2023

Licítase a obra que mellorará a accesibilidade da Estación de tren de Monforte, despois de ser publicada no Boletín Oficial del Estado polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible do Goberno de España, a través do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF).

Segundo o alcalde, José Tomé, "éunha obra é froito do traballo de negociación e xestión que levei a cabo co ADIF ao longo destes últimos anos, e grazas á cal os usuarios da Estación de tren de Monforte, así coma os veciños e veciñas da cidade, poderán acceder a mesma a través dunha praza que será totalmente renovada e accesible, e disfrutarán de melloras importantes no Edificio de viaxeiros e nos andéns das vías do tren”, salienta José Tomé Roca.

“Este é un paso definitivo para mellorar sensiblemente a accesibilidade da nosa estación de tren e que se une ás importantísimas inversións que o Executivo de Pedro Sánchez está levando a cabo na nosa cidade e na nosa provincia, con 546 millóns de euros que están a modernizar a vía Lugo-Monforte-Ourense”, subliñou o alcalde monfortino.

En concreto, o alcalde explicou que “as actuacións de mellora proxectadas consistirán consistirán na redistribución de locais no edificio de viaxeiros, a renovación e reparación do vestíbulo, a rehabilitación das marquesiñas dos andéns, a modificación das pendentes nasplataformas, a restauración de Estación, a renovación de iluminación exterior e interior, e a organización e mellora integral da Praza da Estación, que inclúe a glorieta Pablo Iglesias ata o linde coa rúa Calvo Sotelo, por unha solicitude expresa do Concello de Monforte”.

José Tomé concluíu expresando “a miña dobre satisfacción porque tanto a licitación para a obra da nova Comisaría de Policía, como esta renovación significativa da Estación de Tren, suporán a consecución de dúas infraestruturas esenciais a través das cales imos seguir ofrecendo servizos de calidade a todos os monfortinos e monfortinas”.

Licitación da obra de mellora da accesibilidade da Estación de tren de Monforte

O orzamento de contrata desta importante obra ascende a 2.043.844,15 euros e o prazo, por procedemento aberto, para a presentación de ofertas será ata as 10.00 horas do 17 de xaneiro de 2024.

A duración do prazo de execución, unha vez adxudicada, será de 14 meses. O Proxecto de execución para a mellora da Accesibilidade na Estación de Monforte de Lemos contempla importantes actuacións de mellora tanto no Edificio de viaxeiros como na Praza da Estación de Ferrocarril de Monforte.

Estas actuacións irán encamiñadas ao obxectivo global de mellora da accesibilidade desta Estación de Tren de Monforte de Lemos e a duración total dos traballos previstos será de aproximadamente 14 meses.

0.19211411476135