Sae a concurso o arrendamento do “Mesón Os Castros” en Pantón
O Concello de Pantón saca a concurso o arrendamento do “Mesón Os Castros” para uso de bar-cafetería-restaurante. Este está localizado no campo da feira en Ferreira de Pantón.
Establécese un canon de arrendamento ou renda mínima mensual de 474,03 euros/mes IVE incluído. A duración do contrato é de 5 anos prorrogables por un período de ata 5 anos máis.
Para a adxudicación do contrato será preciso contar con experiencia profesional no sector, o maior prezo ofertado a favor do concello tamén se terá en conta o proxecto de explotación.
As propostas poderán presentarse ata o día 7 de febreiro. As propostas deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Pantón en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Con antigüidade este lugar era onde se celebrara a feira e polo tanto o establecemento era usado por pulpeiros e hostaleiros ambulantes. O establecemento conta con 225 metros cadrados de superficie e un engadido de 60 e 180 metros de terraza no seu exterior.