"Saborea a túa provincia", unhas xornadas gastronómicas que chegan hoxe a Pantón

RibeiraSacraXa
"Saborea a túa provincia", unhas xornadas gastronómicas que chegan hoxe ao municipio de Pantón para o disfrute dos asistentes
SABOREA CARTEL PANTON portada
30 Xul 2022

As xornadas gastronómicas e lúdicas "Saborea a túa provincia" chegan hoxe ao municipio de Pantón para facer as delicias de tódolos asistentes.

Os actos terán lugar no campo da feira e comezarán ás 19.30 horas coa actuación de Xograres de Lemos, de 19.30 a 21.30 horas desenvolverase o obradoiro de cociña para nenos e nenas a partir de 6 anos, ás 20.00 horas realizarase unha demostración culinaria cunha posterior degustación de produtos da asociación provincial de cociñeiros de lugo, ás 20.30 horas terá lugar a actuación musical de Atlántica e xa para rematar, ás 21.00 horas haberá unha degustación de produtos con sorteos de lotes destes produtos de proximidade da zona.

0.18319201469421