Sábado dramático no Concello de Chantada

RibeiraSacraXa
Este sábado o Auditorio Municipal de Chantada acollerá a obra de teatro A lúa vai encuberta das compañías Incendaria e A quinta do cuadrante.
LuaEncuberta
11 Nov 2021

Este sábado 13 de novembro o Auditorio Municipal de Chantada acollerá a obra de teatro A lúa vai encuberta das compañías Incendaria e A quinta do cuadrante.

A obra dará comezo as 20.00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.

Non dubides en achegarte ao auditorio para pasar un bo rato.

É a primeira vez que esta montaxe se leva á escena de xeito profesional. Trátase dunha peza de teatro documental na que as compañías levan a cabo un diálogo coa historia máis recente de Galiza.

SINOPSE
A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

lua vai encuberta chantada
0.17616295814514