Rubián celebra un magosto con sesión vermú, xantar popular e inchables o día 19

RibeiraSacraXa
Os veciños de Rubián gozarán do seu magosto o vindeiro sábado 19 de novembro.
magosto castana
30 Out 2023

Os veciños de Rubián gozarán do seu magosto o vindeiro sábado 19 de novembro. A cita, organizada pola comisión de festas de Rubián, comeza ás 12.00 horas no recinto feiral coa apertura do recinto e a sesión vermú que terá lugar a partir das 13.00 horas.

O cantante José Manuel da orquestra Abanico será o encargado de amenizar a xornada. O servizo de comida será de 13.30 a 23.00 horas con menú a base de callos, caldo de repolo, lentellas e fabada. Tamén inclúe auga, viño, gasosa, pan, postre e café. O bar estará dispoñible de 12.00 horas ata o fin da festa.

O DJ David Expósito tamén forma parte da programación, que inclúe inchables para os máis cativos. Os interesados xa poden mercar as entradas por un prezo de 15 euros no restaurante Paco, no estanco Belén, na Tenda da Pili, en Almacéns Rivesa, na carnizaría Salgueiriña e no supermercado Claudio. Coa compra do tícket entras no sorte de seis radiadores eléctrico.

magosto_rubián
0.16498398780823