Roi Rigueira continuará á fronte do PSdeG-PSOE de Taboada

Roi Rigueira continuará á fronte do PSdeG-PSOE de Taboada logo de ser reelixido este mércores pola asemblea local como Secretario Xeral da agrupación.
A militancia respaldou ao actual alcalde de Taboada, que liderará unha nova executiva ampla, renovada e cohesionada, chamada a reforzar o proxecto socialista no municipio e a dar continuidade ao traballo de transformación que se está a impulsar dende o goberno local.
Sigue
Rigueira afronta o cargo “con optimismo” e co claro obxectivo de “fortalecer o noso proxecto e consolidar o goberno de esquerda que está transformando o noso Concello”. “Contamos cun equipo amplo e renovado, con ganas de traballar e co corazón e a cabeza centrados en mellorar a vida das veciñas e veciños de Taboada”, asegurou durante a súa intervención.
A nova executiva queda conformada polos seguintes cargos:
- Presidencia: Emilio García Prado
- Secretario Xeral: Roi Rigueira Agromartín
- Secretaría de Organización: María José Poyán Lamela
- Secretaría de Política Municipal: Luis Moure Saa
- Secretaría de Medio Rural: Roberto García Vázquez
- Secretaría de Industria, Comercio e Turismo: Abel Fernández Rigueira
- Secretaría de Igualdade: Paula Gómez Gómez
- Secretaría de Formación, Educación e FP: Lucía Villamor Lagos
- Secretaría de Política Económica e Transformación Dixital: Diego Carballo Diéguez
Con esta nova etapa, o PSdeG-PSOE de Taboada reitera o seu compromiso co futuro do municipio, coa defensa dos servizos públicos, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible do territorio.