Roi Regueira foi presentado como candidato do PSOE á Alcaldía de Taboada nun acto público

RibeiraSacraXa
Roi Regueira foi presentado como candidato do PSOE á Alcaldía de Taboada nun acto público con dirixentes políticos
presentacion PSOE Taboada
6 Apr 2023

Os socialistas de Taboada celebraron este mércores o acto de presentación da candidatura ás eleccións municipais, liderada por Roi Rigueira no salón de actos do Antigo Cuartel do municipio.

A secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, acudiu ao evento acompañada da deputada no Congreso Ana Prieto, entre outros representantes institucionais do partido, alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes do municipio e da comarca.

Porto subliñou “a gran capacidade de traballo coa que conta Rigueira, ademais de ser un gran coñecedor da realidade social e cultural de Taboada”.

A dirixente socialista dixo que “Taboada debe ter un cambio de rumbo político liderado por Roi Rigueira e todo o seu equipo, para que promovan políticas progresistas que contribúan a sacar a este concello da parálise na que se atopa actualmente, e para convertelo nun concello próspero, moderno, que fortaleza o tecido produtivo, que apoie ao medio rural e preserve a súa riqueza natural. Unha Taboada de oportunidades para a xente máis nova e de dignidade para os maiores”.

Roi Rigueira agradeceu o apoio que está percibindo da veciñanza: “Sei que temos un camiño duro por percorrer, pero acompáñanme as mellores persoas. Son homes e mulleres transparentes e sen intereses persoais, de diferentes parroquias, idades, profesións e puntos de vista, pero cun nexo en común que nos une, Taboada. Nacemos e vivimos aquí e todo o que temos está aquí”.

O candidato socialista explicou que Taboada “está vivindo unha situación moi difícil, con éxodo rural a vilas máis grandes ou cidades, un alarmante descenso de poboación (perdemos uns 650 habitantes na última década), e un subdesenvolvemento industrial que impide a creación de postos de traballo e fixar poboación”, así como “unha perda paulatina e progresiva de servizos, o mal estado das infraestruturas rurais, o esquecemento das nosas aldeas, a perda de valor das nosas propiedades e, o peor de todo, a nula intención do Alcalde e do equipo de goberno para que isto cambie”.

“Por todo isto, creo que o cambio á fronte do goberno de Taboada é máis necesario ca nunca. Porque está en xogo o benestar e o futuro da nosa xente, e estou firmemente convencido de que quen leva tantos anos deixando morrer a Taboada non pode seguir nin un día máis no Goberno municipal”, incidiu o candidato socialista.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1940610408783