Roger de Flor e Pedro Montilla actuarán esta tarde no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acolle, esta tarde a partir das 20.00 horas, un encontro musical das dúas beiras do Atlántico cos músicos Roger de Flor e Pedro Montilla.
Nado en Limodre (Fene) en 1977, de Flor é un músico, cantante, compositor e produtor galego, cuxa obra se encadra dentro dunha nova fornada de creadores galegos do s. XXI de estilo rock.
Pola súa parte, Pedro Montilla, é un violinista e director de Venezuela que tamén pon a música no centro da súa vida, sendo o creador, ademais, da Joven Orquesta Sinfónica Ferrolterra.
Todas as persoas interesadas en desfrutar da música destes dous artistas poderán facelo de maneira gratuíta achegándose ao local Círculo Saviñao de Escairón.