Roberto Castro toma posesión como novo alcalde de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Castro toma o relevo de Miguel Sotuela logo de 26 anos ao cargo da alcaldía de Ribas de Sil
Roberto Castro e José Tomé
Roberto Castro e José Tomé
14 Dec 2024

Roberto Castro tomou este venres posesión como novo alcalde de Ribas de Sil, un acto celebrado no consistorio da localidade ante a presenza de numerosos veciños e veciñas, así como co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

Tomé desexoulle ao rexedor sorte e éxitos nesta etapa, na que continuará co proxecto liderado por Miguel Sotuela, “firmemente comprometido cos servizos sociais e na súa aposta polo público para dinamizar o seu concello no plano social e no económico”. Puxo en valor o seu labor como Alcalde nestes 27 anos, que dá boa conta do seu compromiso con Ribas de Sil. Ademais, expresoulle a súa vontade de manter a relación de colaboración directa e fluída entre a Deputación e o Concello para sacar adiante medidas beneficiosas para os veciños e veciñas de Ribas de Sil.

⚙ Configurar cookies
0.10483288764954