Ribeira Sacra Next organiza novos talleres para empresas e autónomos e un foro de emprendemento femenino

RibeiraSacraXa
A primeira actividade estará dedicada ás subvencións previstas para as compañías galegas en 2026 e terá lugar o 16 de decembro
ribeira-sacra-next
11 Dec 2025

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next continúa ampliando a súa oferta formativa e de apoio ao tecido empresarial da comarca. A entidade centra estes meses en alimentar con máis contidos a nova Plataforma de Emprego que está a poñer en marcha a través da súa web, ao tempo que prepara para xaneiro un foro específico de emprendemento feminino e mantén a programación de xornadas informativas.

Tras a sesión celebrada en outubro sobre o sistema de facturación Verifactu para empresas e autónomos, a próxima proposta será un taller dedicado ás subvencións previstas para as compañías galegas en 2026. A cita terá lugar o martes 16 de decembro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos. A partir das 11:00 horas, persoal técnico de PROX Consultores achegará información detallada sobre as axudas ás que poderán optar as empresas nos ámbitos de investimento, adegas, rural, emprendemento, emprego, turismo ou dixitalización. A sesión incluirá un espazo para resolver dúbidas e rematará cunha actividade de networking entre as persoas participantes.

O taller desenvolverase en modalidade mixta, tanto presencial como online, e é de carácter gratuíto. Para asistir é necesario inscribirse antes do 15 de decembro a través da ligazón habilitada pola asociación.
Para xaneiro, Ribeira Sacra Next anuncia outra actividade formativa: o martes 20 terá lugar un obradoiro sobre seguros para empresas e autónomos, tamén no Centro do Viño da Ribeira Sacra. A participación será igualmente gratuíta e aberta tanto en formato presencial como telemático.

⚙ Configurar cookies
0.073072195053101