Ribas de Sil ten este luns unha cita solidaria co teatro

RibeiraSacraXa
O grupo de teatro de Ribas de Sil presentará as súas dúas novas obras e, durante o acto, haberá unha mesa de doazón voluntaria en favor da Asociación Española Contra o Cancro
teatro-Ribas-de-Sil
Tardes de Teatro de Ribas de Sil
Actualizada el 9 diciembre 2025, 07:33 horas
8 Dec 2025

Ribas de Sil acolle este luns 8 de decembro unha das citas máis esperadas das súas Tardes Teatrais. O grupo de teatro de Ribas de Sil, o máis veterano e seguido polo público local, volverá subir ao escenario do salón de actos para presentar dúas novas pezas de humor, ‘Morreu a tía María’ e ‘Non casei con todos’.

A proposta, que busca poñer en valor o talento escénico da veciñanza, ofrece unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo pensado para todos os públicos e para fortalecer a participación cultural do municipio.

A entrada será, como é habitual, de balde e libre ata completar o aforo. Nesta ocasión, ademais, o evento incorporará unha vertente solidaria: instalarase unha mesa de doazón voluntaria en favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), entidade recoñecida polo seu labor de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade, ás súas familias e pola promoción da investigación científica.

⚙ Configurar cookies
0.075396060943604