Ribas de Sil recibe á delegación Teder Terra Estella de Navarra
O concello de Ribas de Sil vén de acoller unha reunión coa delegación do Teder Terra Estella de Navarra, que se achegaron ao municipio para coñecer o traballo que leva a cabo o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel.
En dita reunión, fíixoxe un breve percorrido polos últimos 14 anos de traballo do GDR Ribeira Sacra - Courel co que se contribuíu á designación das Montañas do Courel como Xeoparque Mundial da Unesco ademais doutros logros.
O Presidente do GDR, Martín Alemparte, agradeceu que tomaran como referencia a estratexia do GDR Ribeira Sacra – Courel, a través do programa Leader, para tratar de impulsar un proceso similar no novo periodo de fondos Leader en Navarra.
A reunión de traballo tamén serviu para sentar as bases para a posta en marcha de futuros proxectos de cooperación e traballo en rede entre ambos GDRs, nos que a transición enerxética e a comercialización agroalimentaria serán as liñas de traballo inicial.
En breves, membros do GDR Ribeira Sacra – Courel terán a oportunidade de achegarse a Tierra Estella para continuar este traballo en rede.