Ribas de Sil presenta a súa programación de teatro de outono e Nadal

RibeiraSacraXa
En total, representaranse 8 obras salón de actos da Casa do Concello durante as fins de semana de novembro e decembro
recurso-teatro
3 Nov 2025

O Concello de Ribas de Sil deu a coñecer a súa tradicional programación de teatro, que combina funcións de grupos afeccionados e profesionais. En total serán oito obras que se representarán cada fin de semana no salón de actos da Casa do Concello, en San Clodio, sempre ás 18:00 horas.

Desde o Concello destacan que o teatro é unha das actividades culturais con máis éxito no municipio, e lembran que esta ampla programación é posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo e das asociacións locais Centro de Animación Rural Remansiño do Sil e Asociación de Veciños Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio. Ademais, subliñan a importancia de contar cun grupo local consolidado, o Grupo de Teatro Augas do Sil, dirixido por Isaac Lamas, que forma parte do cartel deste ano.

PROGRAMA

  • Domingo, 9 de novembro: Activ@s de Lume Escénico
  • Sábado, 15 de novembro: Expectativa lonxana, Nova Escena
  • Sábado, 22 de novembro: A carreira de Manuel, Cañola Teatro
  • Sábado, 29 de novembro: Asasinato na tenda de roupa, Grupo de Teatro do Hospital de Lugo
  • Luns, 8 de decembro: Morreu a Tía María e Non casei con todos, Grupo de Teatro Augas do Sil de Ribas de Sil
  • Sábado, 13 de decembro: Un camiño meteórico, Os Trocos
  • Sábado, 20 de decembro: A herencia de Xoana, Abrente
  • Sábado, 27 de decembro: Transparentes, Compás Enésima
⚙ Configurar cookies
0.08516001701355