Ribas de Sil prepárase para a XXI Feira da Cereixa, do Viño e do Aceite


A XXI Feira da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil regresa en 2025 organizada polo Concello de Ribas de Sil en colaboración coa Deputación de Lugo e o Xeoparque Montañas do Courel.
A cita, que acaba de anunciar o seu cartel oficial para esta nova edición, terá lugar os días 7 e 8 de xuño na praia fluvial de San Clodio.
Tras 21 anos de historia, esta festa está consolidada no calendario da Ribeira Sacra como un dos eventos de referencia e reúne cada ano a milleiros de persoas. O evento pon en valor a importancia do sector primario e dos produtores locais, destacando o patrimonio gastronómico da contorna.
O programa, que se dará a coñecer proximamente, contará como é costume con actividades lúdicas e festivas, así como degustacións de cereixas e produtos típicos da comarca e outras actividades.
