Ribas de Sil pon en marcha os Obradoiros 'Verán en Igualdade 2025'

O Concello de Ribas de Sil comezará o vindeiro 1 de xullo os seus Obradoiros de Verán dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Baixo o lema ‘Verán en Igualdade 2025’, esta actividade busca ofrecer un espazo de aprendizaxe, xogo e convivencia, ao tempo que facilita a conciliación das familias durante os meses de vacacións escolares.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición nas Oficinas Municipais. Para máis información, o Concello pon á disposición o teléfono 672 357 890 (Mari).
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade, a Unión Europea e o Programa Corresponsables. Desde o Concello animan ás familias a aproveitar esta oportunidade para que os máis pequenos desfruten dun verán activo, educativo e cheo de valores.