Ribas de Sil pon en marcha as obras de mellora en varios accesos rurais do concello

RibeiraSacraXa
As actuacións céntranse nos núcleos de Relosío, a Subestación, Vilardonas e Os Castros
obras-camiño-rural-ribas-de-sil
25 Oct 2025

O Concello de Ribas de Sil iniciou os traballos de mellora nos accesos ás localidades de Relosío, a Subestación, Vilardonas e Os Castros, cunha actuación que abranguerá un total de 2,5 km de reasfaltado.

Ademais do asfaltado, realizarase a mellora das cunetas con formigón nun tramo de 150 metros, co obxectivo de facilitar a evacuación das augas e garantir que a estrada se manteña en boas condicións durante máis tempo.

Estas obras forman parte do programa “Camiña Rural”, promovido pola Xunta de Galicia, cun orzamento total de 59.117,87 euros, ao que o Concello aporta 10.260,87 euros de fondos propios.

Segundo explica o goberno local, a intervención busca mellorar a seguridade e a accesibilidade das comunicacións rurais, así como favorecer o mantemento das infraestruturas en zonas do municipio de difícil acceso.

⚙ Configurar cookies
0.070609092712402