Ribas de Sil pide responsabilidade aos veciños fronte á covid-19

RibeiraSacraXa
Non te quedes atrás en canto á información. Entérate de todas as noticias que afectan ao teu concello e provincia
23 Jan 2021

Ante o aumento de casos positivos da covid-19, o alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, dirixiuse aos veciños e veciñas do municipio para pedirlles responsabilidade.

"Queremos pedir a tódolos veciños que extremen as precaucións para evitar a propagación do virus. Todos debemos de comportarnos coma se foramos positivos, usando permanentemente a mascarilla, permanecendo na casa, mantendo a distancia social, hixiene de mans, etc”, pide o rexedor no seu comunicado público.

Miguel Ángel Sotuela ofrece ademais a axuda do Concello a aquelas familias con casos positivos de covid-19 para as necesidades que se lles presenten e amosa a súa confianza nas decisións das autoridades sanitarias. "Cremos que non lle corresponde ao Concello de Ribas de Sil propoñer liñas de acción distintas das que neste momento se están tomando porque pensamos que poden trasladar mensaxes contraditorias que poden confundir aos veciños”, asegura.

0.19178295135498