Ribas de Sil organiza este domingo unha homenaxe a Javier Rodríguez Sotuela

O Concello de Ribas de Sil celebrará o próximo domingo, 7 de decembro, ás 18:00 horas, unha homenaxe ao veciño Javier Rodríguez Sotuela “polo seu compromiso coa xustiza e coa democracia, valores que defendeu durante o franquismo en Matarrosa do Sil”, explican dende o consistorio.
O acto terá lugar no salón de actos do Concello e incluirá a proxección da película ‘Camino Negro’, baseada na novela homónima. Tras o visionado, abrirase un coloquio no que participarán o propio homenaxeado, a autora da novela, María Luisa Picado, e o director do filme, Luisje Moyano.