Ribas de Sil mellora o acceso ás Pozas, na parroquia de Torbeo

RibeiraSacraXa
O investimento total dos traballos ascende a 15.801 euros, financiados a través do Plan Deputación de Lugo
obras-as-pozas-torbeo-ribas-de-sil
3 Nov 2025

O Concello de Ribas de Sil iniciou as obras de mellora do acceso ás Pozas, na parroquia de Torbeo. A actuación consiste na construción dunha escollera destinada a conter as terras e ensanchar o camiño de entrada á aldea, que presentaba un notable deterioro desde hai tempo.

O investimento total ascende a 15.801,46 euros, financiados a través do Plan Deputación de Lugo.

Desde o Concello destacan que esta intervención forma parte do compromiso municipal por mellorar as infraestruturas rurais e facilitar o acceso aos núcleos de poboación do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.083363056182861