Ribas de Sil incorpora unha fonte que dá a benvida aos peregrinos no Xeocamping

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Ribas de Sil añade a su inmobiliario una fuente que da la bienvenida a los peregrinos en su entrada a San Clodio.
fonte xeocamping ribas sil
12 Xan 2022

O Concello de Ribas de Sil incorporou as súas infraestruturas unha fonte. A súa colocación na entrada de San Clodio, nas inmediacións do Xeocamping municipal fai que sexa perfecta para que os peregrinos do Camiño de Inverno fagan uso dela e mellore a súa experiencia no seu paso polo Concello.

Esta fonte está elaborada con granito e conta con motivos xacobeos para dar á benvida aos visitantes e camiñantes.

A fonte súmase ás obras que se realizaron no aparcadoiro do Xeocamping. Estas consistiron na substitución dos bordillos da zona axardinada, o asfaltado da explanada e a instalación dun Portalón de saída para os vehículos.

O Xeocamping sofreu durante o pasado 2021 unha obra para a súa ampliación mellorando os servizos que ofertaban aos visitantes. Neste proceso de ampliación leváronse a cabo seis novas duchas e seis novos wc, así como un espazo para lavar a louza ademais dun novo lugar para gardar material de mantemento das instalacións. Esta ampliación dotou ó xeocamping dunha maior capacidade para albergar máis visitantes do Xeoparque Montañas do Courel. Así mesmo, tamén poden acudir visitas en grupos numerosos de escolares.

0.10776615142822