Ribas de Sil inaugura unha nova sala de audiovisuais na antiga escola de Torbeo
RibeiraSacraXa
As novas intalacións poderán ser utilizadas pola Asociación de Vecinos de Torbeo e para actividades vinculadas ao Centro de Interpretación do Río Sil

14 Dec 2025
O Centro de Interpretación do Río Sil (CIRS) e os veciños de Torbeo dispoñen desde esta semana dunha nova sala de audiovisuais equipada con mobiliario e unha televisión de gran formato na antiga escola da localidade.
O local poderá ser utilizado a partir de agora indistintamente tanto polo propio Concello para actividades vinculadas ao Centro de Interpretación do Río Sil, como polos veciños e veciñas da asociación Asociación de Vecinos de Torbeo (AVETO).