Ribas de Sil festexará o Entroido cun desfile de comparsas
RibeiraSacraXa
Será este sábado, 1 de marzo, ente o polideportivo municipal de San Clodio e a Praza do Concello

Entroido de Ribas de Sil
28 Feb 2025
O Concello de Ribas de Sil xa se prepara para festexar o Entroido de 2025. O día grande será este sábado, 1 de marzo, coa celebración do Desfile de Comparsas e Disfraces, no que haberá premios para os gañadores ou gañadoras.
O desfile arrancará ás 17.00 horas dende o polideportivo municipal de San Clodio ata chegar á Praza do Concello. Ao rematar terá lugar o reparto dos premios e unha chocolatada popular.