Ribas de Sil contará con máis de 215.000 euros para mellorar diferentes infraestruturas do municipio

RibeiraSacraXa
Ribas de Sil contará con máis de 215.000 euros para mellorar diferentes infraestruturas do municipio da ribeira sacra
ribas de sil concello
31 Maio 2023

O Concello de Ribas de Sil conseguiu subvencións convocadas para un reparto adicional do fondo de cooperación local por un importe de 215.000 euros.

Con este diñeiro, poderán levar a cabo tres obras para mellorar a eficiencia enerxética e as infraestruturas municipais, poder adquirir maquinaria e equipamento para prestar servizos para a cidadanía e poder modernizar e mellorar as redes de abastecemento municipal.

Concretamente, 142.312,04 euros irán dedicados a mellorar a eficiencia enerxética do polideportivo municipal de Ribas de Sil, 33.817,08 euros destinaranse a adquirir unha miniexcavadora con tres cazos e un martelo picador e 48.268,18 euros dedicaranse a modernizar e mellorar a rede de abastecemento de auga de San Clodio.

Magníficas noticias para o concello de Ribas de Sil. Nas subvencións convocadas para un reparto adicional do fondo de cooperación local, Ribas de Sil acadou subvencións por importe de 215.000 euros para as seguintes inversións:

Todas estas actuacións, unidas ao Plan Único de 130.000 euros e o convenio coa Deputación de Lugo, que proporcionará 117.000, e outras con fondos propios, fará que Ribas de Sil poida mellorar en diferentes aspectos.

0.19206213951111