Ribas de Sil conta cunha nova fonte na praza do Concello
O Concello de Ribas de Sil estreou durante esta fin de semana a nova fonte ornamental da praza. A instalación rematou o xoves e púxose en funcionamento por primeira vez ese mesmo día ás 17.00 horas. Pola noite conta con iluminación grazas a tecnoloxía Led RGB que incorpora.
Dende a súa inauguración, tódolos días hai espectáculos de auga e luces de diferentes cores na praza do Concello.
Esta obra de mellora da fonte xunto coa instalación do reloxo, un escudo de bronce e letras de "Concello de Ribas de Sil", no edificio da casa do concello. Ten un orzamento total de 27.000 euros. A colocación destes elementos comezaron na mañá do venres.
Ademais, tamén se mellorará a estanqueidade das ventás e a eliminación de humidades no edificio grazas a unha achega de 19.000 euros de concorrencia non competitiva que se concede por orde de chegada. Isto supuxo un esforzo maior dos traballadores do Concello que para conseguir esta subvención acudiron ao seu posto de traballo as 12.00 da noite co fin de redactar o expedente e mandalo no menor tempo posible.