Ribas de Sil celebra os días 30 e 31 as súas grandes festas
O concello de Ribas de Sil acolle o domingo e o luns as súas festas patronais cunha comida popular, a festa da terceira idade coa celebración dun magosto e moita música.
O domingo 30 ás 12.00 horas haberá misa e posteriormente unha comida popular na Praza Maior onde os asistentes poderán degustar empanada, polbo e bica. Ás 18.00 horas terá lugar a presentación do proxecto de Realidade Aumentada da Abadí de San Clodio e ás 20.00 horas haberá un gran magosto popular na Praza do Concello. A partir das 20.30 horas, a festa estará amenizada polo Dúo Meritxell.
O luns 31 de outubro terá lugar a XXI Festa da Terceira Idade. Comezará ás 13.15 horas cunha misa e ás 14.00 horas o Concello agasallará ós maiores con pinchos na Praza do Concello.
Ás 20.00 horas haberá unha gran chourizada na Praza do Concello e ás 21.00 horas a festa estará amenizada pola orquestra Charleston Big Band
No cartel pódense ver imaxes da reconstrución virtual da abadía de San Clodio. A partir do día 30, poderase desfrutar deste pequeno percorrido circular en torno á Igrexa de San Clodio para vivir unha pequena experiencia de realidade aumentada pioneira na Ribeira Sacra.