Ribas de Sil deu comezo ás Festas de San Clodio 2025

RibeiraSacraXa
San Clodio celebra estes días as súas Festas Patronais, unha cita que combina tradición, boa comida e música para toda a comunidade
espectaculo-maxia-festas-san-clodio-ribas-de-sil
30 Oct 2025

San Clodio celebra estes días as súas Festas Patronais, unha cita que combina tradición, boa comida e música para toda a comunidade.

A xornada deste xoves arrancará ás 12:00 horas cunha misa en honra ao patrón, seguida dun xantar popular no pavillón, onde os asistentes poderán degustar empanada, polbo e bica. Xa pola tarde, haberá un gran magosto popular para compartir castañas, rematando o día coa festa e verbena co Dúo Estrellas, animando a todos a bailar e disfrutar. As actividades están pensadas para todas as idades e celébranse no pavillón e na praza de San Clodio.

Mañá, venres, as celebracións continuarán coa XX Festa da Terceira Idade, que inclúe misa e xantar popular no Pavillón Polideportivo. Ademais, pola mañá a furgoneta da campaña “Galicia sabe Amar” estará no pavillón e, pola tarde, ás 20:00 horas, haberá unha gran chourizada seguida dunha festa con música co Dúo En Clave d Ti e a actuación de The Krowd.

O sábado 2 de novembro, Terapia de Grupo actuará no parque infantil do Ladrillo, pechando así a programación destas festas. Un ano máis, as Festas Patronais de San Clodio prometen momentos de comunidade, diversión e tradición para veciños e visitantes.

As xornadas festivas inauguráronse xa o martes cun espectáculo de maxia dedicado aos máis pequenos no salón de actos da Casa do Concello, no que participou o alumnado do CEIP San Clodio acompañado do seu profesorado. O Mago Paco encheu a tarde de trucos e diversión, deixando á rapazada coa boca aberta. Esta actividade foi cofinanciada polo Concello de Ribas de Sil e por Galescena da Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.071599006652832