Ribas de Sil celebra esta fin de semana a XX edición da Festa da Cereixa
Esta fin de semana ten lugar a XX Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite no Concello de Ribas de Sil, que volve incorporar o viño como elemento novidoso desta festa. Desenvolverase na praia fluvial de San Clodio.
O sábado comezará coa apertura do recinto feiral e a degustación de cereixas e produtos típicos.
Pola tarde, a partir das 18.00 horas, abriranse as portas da Aula de Pesca, cunha esposicó nde pintura e comezará tamén a xornada de pintura ao aire libre.
Está prevista a actuación do grupo de gaitas O Recanto. Finalizarán o día cunah actuación de Catuxa Salom.
Con respecto ao domingo, repetirase a degustación de cereixas e abrirá de nova a exposición de pintura. Dispoñible durante todo o día estarán tamén abertos os dous museos CIMAR e CIRS.
Pola súa parte, ás 11.00 horas, haberá unha exposición da alfombra de flores do Corpus Christi no atrio da Igrexa parroquial de San Clodio e ás 11.30 horas terá lugar a animación musical a cargo da charanga Km0 e do grupo tradicional O Ventosiño.
A última actividade da mañá será o pregón, a cargo de José Antonio Quiroga Díaz, presidente da Confederación Hidrogáfica Miño-Sil.
Pola tarde, ás 18.00 seguirá a animación musical con Km0 e ás 19.30 está prevista a presentación do novo logo do xeoparque Montañas do Courel, e a entre do premio ao gañador do concurso.