Ribas de Sil acollerá a segunda festa de Empresarios e Comerciantes este mércores

RibeiraSacraXa
Celebrarase un campionato de chave antes dunha pancetada gratuíta e a actuación de Adri Díaz
festa-comerciantes-empresarios-ribas-de-sil
Cartel
23 Xul 2024

Este mércores, 24 de xullo, terá lugar a segunda Festa de Empresarios e Comerciantes, que tivo que se aprazada polas inclemencias meteorolóxicas.

Será polo tanto en Ribas de Sil, na praza Mario e terá lugar un campionato de chave. As inscricións para o mesmo serán a partir das 20.00 horas. O gañador levarase de premio unha paletilla.

Para todos os asistentes haberá unha pancetada de balde a partir das 21.00 horas nunha festa animada por Adri Díaz.

0.2738401889801